Vos que’m semblatz

A lírica medieval galega

Unha viaxe pola música e a lírica medieval europea e galega, desde as raíces da tradición trobadoresca occitana que, a finais do século XII, chegaron a Galicia e deron lugar, ao longo do século XIII, a unha extraordinaria creación poética e musical. O programa ofrece unha escolma de cantigas galegas profanas e relixiosas do século XIII, testemuño da extraordinaria vitalidade musical e literaria da Galicia medieval, xunto con pezas que permiten situar esta tradición no seu amplo contexto europeo, como a tenson Vos que’m semblatz, de Garsenda de Sabran, con música do xograr Gauclem Faudit, e o célebre Pälestinalied do minnesänger Walther von der Vogelweide. O percorrido continúa coa música de Guillaume de Machaut, figura esencial do século XIV e ponte coa evolución da música medieval europea, e culmina coa música conservada nos cancioneiros portugueses do século XVI, herdeira da tradición galaico-portuguesa e dotada dun estilo orixinal e evocador. Un programa que recupera e pon en diálogo a riqueza sonora de Galicia coa das tradicións musicais europeas, nun percorrido por unha das épocas de maior esplendor da nosa cultura medieval.

Programa para 2,3 ou 4 intérpretes